Quen somos?

Quen Somos?

Aparte dos colaboradores necesarios, Lémbrame.gal somos:

Carolina Fernández, intérprete de lingua de sinos.

Gusi Domarco, albanel da informática.

Sergio Santos Otero, xornalista, historiador e gran viaxeiro.
 

Cada un adícase ao seu oficio (que non teñen nada en absoluto que ver coa recollida e difusión patrimonial) e todos namorados de Galicia, da súa xente e das historias que nos contan.
 
Temos certa inclinación a pararnos a falar coa xente das aldeas e, polo motivo que sexa, a xente das aldeas sempre nos conta cousas interesantísimas. E, como non, sempre se pon de manifesto que moitas de esas cousas están chegando ao fin por falta de xente que as escoite e as volte a contar de novo.
 
Si, algo tan sinxelo como prestar atención e voltar a contar unha historia parece que xa non resulta interesante. O mundo vai demasiado rápido e o de antes non recibe a atención que merece.  Pois nós queremos prestarlle atención.

Contáctanos

Podes escribirnos a lembrame@lembrame.gal

Si a tecnoloxía non é o teu tamén podes chamarnos ao teléfono: 988049440

En resume

Recollemos e gravamos historias de Galicia para dalas a coñecer nas redes de xeito desinteresado.

Quen camiña connosco nesto?

A Fundación Vicente Risco, un dos motores da vida cultural de Allariz, custodia os fondos documentais e bibliográficos de Vicente Risco e Antón Risco nos que se atopa multitude de traballos etnográficos que nos sirven e servirán como referencia e modelo de traballo

Empresa de servicios informáticos de Galicia, presta soporte técnico e loxístico a todas as nosas actividades.

Camiñan tamén connosco os amigos e amigas de sempre que nos aportan consello e información, ven as versións previas dos videos, dan a súa visión crítica e fan que todo sexa mellor e máis doado.

Como nos podes axudar?

Aportando historias, coñecementos, imaxes, videos, contando, falando, …

Tamén poñéndonos en contacto con xente que quera participar contándonos cousas, acompañándonos a visitalas, facilitando os encontros, …

Si estás mais inclinado á parte técnica podes axudarnos no rexistro de son e video, na revisión dos brutos e na posterior edición.
É a parte menos bonita do traballo e a que leva máis horas, por ese motivo si acaba sendo un traballo compartido o resultado será mellor.

E si tes a facilidade para manexarte polas redes sociáis -da que nós carecemos- podes axudar dándolle difusión ás pezas que publiquemos entre todos e servindo de enlace entre a audiencia e nós.