No ano 2019 o Centro de Información da Muller (CIM) de San Xoán de Río encargounos unha peza documental que puxera en contraposición a vida das mulleres de antes fronte ás de agora.


Non se trataba de facer unha competición entre vellas e novas, a finalidade era máis sinxela e enriquecedora, procuraba ver as grandes mutacións que se teñen dado co paso dos anos tanto no rural como na cidade e, sobre todo, o xeito de enfrontarse ó mundo sendo muller: responsabilidades, rol, tarefas etc.

Non só foi un pracer o tempo que botamos na gravación das testemuñas, senón que poder escoitar por boca delas as súas experiencias vitais -recordos as veces nostálxicos, as veces duros- foi tamén algo verdadeiramente enriquecedor para nós.

Grazas ás protagonistas e tamén a Susana Gómez González, que coordinou o proxecto.