Visita á Casa Museo Otero Pedrayo

En decembro de 2023 visitamos a Casa Museo de Otero Pedrayo.

A persoa que nos atendeu foi atentísima e foinos explicando detalles da vida do autor e particularidades en cada unha das estancias.

Casi ao principio da visita comentámoslle que no Pazo de Tor hai unha copia do mapa de Galicia de Domingo Fontán (sin saber que aquí había outra) e foi capaz de non decir nada ata que entramos no salón onde se amosa. A sorpresa, como podedes imaxinar, non foi pequena.

Deixamos unha galería de fotos da nosa visita.