A Xironda, no Concello de Cualedro celebra todos os anos a Xoves Santo unha procesión moi especial do “oficio de tebras” na que acompañan á cruz con faróis iluminados.

No pasado os faróis eran feitos de papel sobre estructuras feitas con variñas e pegados cun engrudo feito de farelo. Na actualidade fanse de teas de cores con estructuras máis robustas e a iluminación é eléctrica.

Visitámola en 2024 e, ainda que non pudemos gravala procesión porque se suspendeu polo mal tempo, si que pudemos falar con Domingo, párroco da Xironda e tamén con María, unha das veciñas que participa activamente.

Ámbolosdous déronnos amplas explicacións sobre o significado, a recuperación da tradición e a construcción dos faróis.

Terá que ser para o ano que ven que podamos gravala procesión e ampliar esta peciña audiovisual.

Un millón de gracias a todas as persoas que nos axudan (tamén ás que non saen en cámara) a facer estas pezas audiovisuáis coas que queremos deixar memoria da historia actual de Galicia.

 

Na rede existe máis información feita por outros organismos públicos e organizacións privadas da que queremos deixar enlaces para que ampliedes información.

 

Procesión dos Farois en 1997 – Televisión de Galicia
https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/procesion-dos-farois-na-xironda-en-1997

Procesión dos Farois en 2023 – Televisión de Galicia
https://www.g24.gal/-/a-procesion-dos-farois-unha-xoia-da-semana-santa-galega

Procesión dos Farois en 2024 – Televisión de Galicia
https://www.g24.gal/-/os-vecinos-da-xironda-preparan-os-farois-para-a-procesion-se-non-chove

Procesión dos Farois en 2012 – Sociedade antropolóxica galega