Nunha aldea do Concello de Allariz fálannos de varios métodos de diagnóstico e curativos.
Uns tocáronlle á nosa informante ben de perto na familia. Outros veñen da tradición oral.
Todos eles significativos e de vívida memoria aínda a día de hoxe.

Cóntanos a nosa amiga:

“Co mal da paletilla sabíase se o tiña comparándolle os brazos. Facíanlle así, así, así cos brazos e despois igualaban e nada, non igualaban.
E despois dábanlle unha herba que anda por aí, por aí hai  herba desa.
Chamabanlle a chantaxe unha, e a outra era… Ai, non me acorda.
A chantaxe habia que comela nunha tortilha, con ovo, e a outra, tamén non sei que era.
Puñanlla nos pés. Puñanlle por baixo nos zapatos, debaixo dos pés, aquela outra herba. É bueno…
A xente, despois, puñase ben, pero sería porque comía millor.”

E secúndalle o home:

“Meu pai estivo mal deso. El viña doutro lugar, e vinha morto de fame.
E casou aqui, habia moito capital, e empezou a traballar moito, a traballar, ao tempo era así.
E depois empezou a nai a darlle comida como é debido e adios paletilla. Era todo fame.”

“Había tamén unha curación para o estordejado e o aberto.
Hai unha muller aí tamén nese pobo do lado. Unha muller de certa edade e se estordegas un pé pois tamén ela vai a ponche o pé dela  ao lado do teu e dixe se é roto ou estordejado.
Uns din que lle vai ben e outros que lle vai mal.
Pero é unha cousa que viña xente de todas partes.”

Volta a muller e coméntanos como eran estas persoas:

“Teñen que ter dous fillos dun parto. E teñen que saber as palabras.

Ponche o pé dela por riba do teu e diche:

“¿Que tes aquí?”

E entón dígolle eu:

“aberto ou estordejado.”
“Yo te lo recibo sano y salvo.”

De novo o home invita á muller a contarnos un problema que tivera a sua sogra. Seica foi xunto a unha muller desas e quitoulle o espíritu que tiña:

“A miña nai cando lle deu o mal falaba castellano puro. Falaba castellano.
Cousa que nunca salíu da aldea. Nunca soupo o que era falar castellano porque ela non sabía nada, nada de castellano.
Pero dín que se meteu un espírito castellano nela, porque ela colleu un disgusto moi grande por un problema familiar.
Entonces ela estaba toda desgustada.
Entonces a muller debeulle entrar, entre a debilidade que había o tempo, porque o tempo era na pobreza da guerra e de todos.
Entonces a ela debeulle entrar un espírito malo castellano.
E despois o meu pai agarrou unha e levou unha aí para a parte do outro concello. Dicían que había unha señora ali que o piso dela estaba todo destartalado. Había unha tabla en tabla aqui, outra alí…

E que lle dixo ela:

“Pois non sei por onde quitarlo, porque se llo quito por tal sitio quedame tola, tola de todo se llo quito pola cabeza.
Se llo quito polos os pés, ao millor non anda.
Se llo quito polas mans…”

Fixo uns requisitos,e veu a casa noviña.

Mira que cousas máis raras, éh.
Eso sí que pasou, porque a miña nai hasta collía á botella e falaba coas irmás en Buenos Aires.
E falaba castellano puro, puro. e nunca o falou.
Na vida o falara, na vida.

Pero hoxe en día non se cree en nada, xa non existen esas cousas.

Mire, era como antes. A xente vía, vía… Vía cando iba a morrer unha persona. E agora non se ve nada.

Cando tes unha enfermedad que ves que os médicos, non fan nada, a medicina non fai nada, buscas o que sexa.

Eu ainda, no abril marchei a Salvaterra de Miño. Alí onde está o curandero.
Alí consulta igual na mañá cen persoas. Tes que chegar ás seis da mañá e el consulta ás nove, e ao mellor ata as catro da tarde ou as cinco ou as seis non saes de alí.
Eu collín nervio ciático, unha dor tan grande, tan grande, e os médicos non me daban nada.
Fun á residencia duas veces. Non me pasaba, non me pasaba.
E fun alá, e díxome el:
“Esto é meu, esto é cousa miñaa. Non é cousa de médico, é cousa miña.”
Non é que o notase moito, eu digo a verdade. El díxome me que me puxara xa o nervio no sitio, e díxome: “Isto xa queda ben, xa escusa volver”.
Púxome así na camilla del, tiroume da perna todo o que pudo para atrás, deu un golpe forte para atrás e dixo “Xa está”.
Eu non sei se o levou ao seu sitio ou se non pero é unha tardei… A min ainda me pasou agora, desde que cambiou este tempo.
Que andaba nunha silla de rodas, non podía camiñar…

Non, esto do nervo ciático este fala moita xente dil e din que é moi doloroso.

E como se dí “Na desesperación vas a calquera lado”
Fumos duas veces. A segunda vez dixolle, “Bueno, non tes que voltar máis xa. Esto vai lento pero non tes que voltar”.

Despedímonos dos nosos informantes dándolle as grazas e, como de costume, son eles os que nos dan as grazas a nós por prestarlle atención e escoitar os seus sucedidos.