Catorce do catro de dousmil vintecatro.

En Peneliñas recollemos a historia da señora Encarnación de San Silvestre de Peneiras (o nome e lugar son ficticios pero a historia transcribímola tal e como nola contan)

A pobre tiña mal de ollo moi a pesar dela. De feito solucionouselle poñéndolle unhas gafas un tanto particulares. ¿Será que tiña un ollo pitoño?

 

“Víache os marrellos e dicíache ‘mañá esos dous marrellos morren’ e para o outro día estaban mortos”.

Non só sobre a natureza tiña poder. En ocasións miraba os coches e logo non o daban arrancado. Saben de xente que acabou a batería intentando arrancalo coche despois de que o mirara a señora Encarnación…

Falamos cunha parella de veciños que agardan pola hora do xantar e cóntannos:

Sí, no meu pobo había unha muller bruxa. Facía dano coa vista.

Sí?

Ela morreu. Viña e miraba e as vacas, e os marrellos, e dicía: ‘iste vaiche morrer” e viña para  o outro día e xa estaba morto.

Había un coche, como mirara para o coche xa non encendías, nin a tiros.
Dábaslle á chave, acababas a batería e non o encendías.

E non o encendías. Facía dano coa vista.

¿Como, como sería esto, porque os coches non…?

Sí, moitísimo, esa muller facía moitísimo daño.

Ou sexa, ¿derramaba os coches solo mirando?

Sólo mirando, e non o dabas movido do sitio.

E as vacas o mesmo, como fora no carro con elas, a nós pasounos muchísimas veces, muchísimas, e diciámoslle nós, ‘marcha, marcha, que xa nos arreglamos’ e en canto non lle facías unha cruzada man ou outra cousa, nada.

Ata que puxo ela gafas…

Ah, e puxo ela gafas…

Puña gafas, e entón non facía dano.

¿E iso cando foi?

Ainda non hai moitos anos, morreu ela non hai moito, non hai  moitos anos, éramos nós pequeniñas.
No 79, cando casamos nós, ainda estaba ela e facía dano.

Agora que che digan: ‘esta e esta vanche morrer…’

Sí, e nós os marrellos morréronnos e estaban ben.
Non é casualidade.

A mí sorpréndeme máis o de parar o coche, porque un animal é un ser vivo, e un coche é unha máquina.
Pero deixemos que nos sigan contando:

Pero é que ela mirabache o coche, é como mirara eso, andándoche ben o coche xa non se che movía do sitio, en canto ela non marchara.

E un marrello, estábamos matando un marrello, e pasou ela por ali, e non daba morrido o carallo do marrello, e sangrou todo o que quixo e non daba morrido encanto ela non se marchou.

Pero entón non o facía por maldade…

Non o facía por maldade, facía ela porque… era a vista que lle facía dano.

Sí, moitas, moitas, esa muller tiña…

O mal de ollo.

Si, tiña o mal de ollo.

E non era mala muller, pero ao mirarte, como che mirara aquelo, hala…

¿E chamabase?

Ai… espera, xa se me olvidou.

Eu, estas historias todas que me contades despois escriboas para que non se perdan porque esto non está rexistrado en ningún lugar.

Claro, non, espera, ¿ como é que se chamaba?
Pois arestora borrouseme a historia…

Tamén aqui nesta iglesia, cando é o 15 de agosto, que ven toda a xentiña ofrecida, e veña misas, e misas, e misas…
E veu un matrimonio cunha nena que non falaba nin unha cousa, nin outra. E ofrecéronlla a santa, mira aí, e sanou a nena.

¡Encarnación, chamabase Encarnación!.

Sería do médico, pero xa che dá que pensar.

Pasa tantas veces…
Se é unha vez, é casualidade pero pasa moitas veces.

Ela, esa, facía moito, moito.

E o coche, que o collas para marchar e que sabías que o tiñas ben e logo…

Moitas veces, pinchábasenos o coche e sin saber… E non tiña nada.

Xa, mesmo o meu padriño que viña con gaseosas e todo, ala, como ela mirara para o camión que traía gaseosas para ir para a tenda xa non se daba movido nada. Nin as vacas, nin nada.

Parece que é increible, pero pasou.

Si, porque o vivimos.

Mira, eu non creo en nada, pero creo sempre no que me conta a xente, porque…

Sí, eso pódelo crer, porque esa facía, facía dano, facía.
E despóis sabíao ela que facía daño, que a vista…

Sabíao ela que facía dano.

Sí, pero ela non o facía por mal, era ela que a vista que…

Agora chegas ahí e manipulas un coche e levas… que o coche que acaba de parar aí…

E en canto non marche ela, non che arranca o coche.

Máis de un acabou coa batería intentando arrancalo.

Ben é que topou a solución de poñer as gafas, senon…

Sí, sí, después puña gafas, puña gafas para non facer daño, sí.
Sí, sí, sí, sí, sí, sí.

Era ben pagarlle as gafas entre os veciños.

Despois de maior. Despois de maior xa as puña.

E iso foi aí en San Silvestre, aí?

En San Silvestre, si. Hai moito moito tempo.

Pois haberá que ir alá, a ver se hai máis xente que me conte.

Si, verás como che contan.
Sí, sí, sí.

De esa maneira, Hai mala xente que, bueno, eu lévome mal con esta persoa, fago unha trastada o tal, pero… Esta muller sin che tocar nin nada…

Entón é que a ela saíalle así.

Saíalle a ela, salía a ela así…
Vai alá que igual colles algunhas historias: Estaba o meu abuelo que facía… Facía santos.

Era ebanista entón.

Era ebanista, sí.
Facía moitas cousiñas desas, moitos anos.

Eu tamén, cando foi ao principio que dician: ‘Esa muller tenche mal de tal’ eu dicía: ‘non pode ser, non pode ser’.
Pero, fora por o que fora, pasaba.

Sí. Hasta que o ves non o sabías, pero nós víamos porque é xa o sabíamos.

E claro, temos necesariamente que chegarnos a San Silvestre a ver si conseguimos máis información da tal señora.
Non é moita a distancia e ainda que é case a hora do mediodía e nos agardan para xantar collemos rumbo. En menos de dez minutos estamos alí e localizamos a igrexa e o cementerio.
A curiosidade fainos buscar coa vista o nome da muller nas lápidas das sepulturas sen moita esperanza de dar co seu nome e nun momentiño (tampouco son tantas sepulturas) atopámolo. A xente vive en compañía da súa familia e descansa tamén en compañía dos seus.
Detémonos un ratiño a vela igrexa, a casa parroquial da que quedan os muros e pouco máis e paramos a un veciño para pedirlle máis información.

Bo día. ¿Podería facerlle unhas preguntas?

Si claro.

Mire, faláronnos dunha tal Señora Encarnación diste pobo que seica tiña mal de ollo.
¿Vostede sabe como foi a historia, sabe algo desa señora?
Porque me explicaron que ela non quería facerlle mal a ninguén pero tiña ese problema.

Algo sei pero… que quere que eu lle diga.

¿Vostede coñeceuna. En que ano morrería esa señora?

¿Non está posto aí? (refírese á sepultura que alcanza a verse dende onde estamos)

Imos camiñando de novo ata o camposanto e vaime explicando.

Din que facía mal de ollo. A xente ás veces velábase dela porque ¿sabe?
A min nunca me fixo mal, pero…

Pero sabe de xente que si que tuvo problemas con ela.

Seica si, si. Según falan aquí no pobo sí que…
Hasta máis che digo que traía unhas gafas, traía un ollo negro e outro blanco. O cristal, sabes?

E que a señora que me falou explicoume que para non facerlle mal a nadie puxo esas gafas, porque seica ao poñer as gafas…

É o que eu che digo, traía un cristal blanco e outro negro. Si, home.

Entón está enterrada aquí?

Si, si. A ver onde é.

O home busca entre as sepulturas a da Señora Encarnación e logo dá con ela.

Mira, Encarnación Tal e Cual.

E quere a casualidade que na mesma sepultura hai enterrada unha persoa co mesmo apelido ca min. Non demasiado frecuente na zona na que eu vivo pero algo máis nese lugar. Non lle é familia de sangue pero tampouco deixa de ser unha curiosa coincidencia.

Esa é a nora. E outro era o fillo, morreulle tamén de novo. O outro era o home, despois pois está ela.
Morreron tamén de novo, o fillos e o home.

¿Morreron de calquera cousa, non tuvo nada que ver con ela ter esa condición?.

No, no, no.

E eu non sei por que me fixen a idea de que seria soa, que non tería familia…

Non, tiña, tiña. Tiña un fillo.

Porque esta xente que ten así estas cousas… Suele ser, soa ou…

Xa, pero non. Tiña un fillo.

E ela dedicabase a, bueno, pois a casa, a agricultura…

Solo, solo a eso.

E ademais tiña ese problema.

Si, oh, si, oh. Dicían que si.

¿E alguna vez, ao mellor, asi, por medio da iglesia… intentaría arreglarse o…?

Eu non sei. Que queres que che explique?

Porque claro, esta señora ainda é bastante reciente, ainda…

Si, oh. Ainda lle chamaban a bruxa. De mote, claro.

Pobre, pero ela non podía evitar, inda que quixera.

Xa. A min nunca me fixo mal. Meu pái levabase ben con ela. eu problema con eso nunca tiven.

Cóntolle a este amable veciño alguna das cousas que me falaron da señora e dime unha cousa que ao mesmo tempo resume que cerra a conversa:

Esta xente… ten poder…á

Marchando do lugar aínda temos ocasión de preguntarlle a outra persoa que, de novo, nos di que eles nunca tiveron problema coa señora.

 

Eso eran cousas que se decían antes, os ditos que había, porque conmigo…
Nos tiñamos boa relación con ela.
Unha veciña coma outra calquera.

Esta, como tantas historias de Galicia, sempre será unha historia aberta. Non hai unha conclusión.
Quédanos moi claro que unha persoa pode ser moi boa e boa veciña e ao mesmo tempo provocalo mal de ollo.
Un pouco menos claro parece estar que unhas simples gafas sexan protección suficiente para evitalos seus efectos. Pero tamén parece moi meritoria vontade da señora de poñelas gafas para intentar non facer mal.
E, nada claro, que este tipo de situacións que construiron a nosa historia de tradición oral se vaian manter no futuro.
Pero. ¿que sabemos nós?. Ao mundo aínda lle quedan unhas poucas voltas por dar.

Grazas mil a todas e todos os nosos informantes. Ojalá poideramos corresponder dalgún xeito á súa xenerosidade.
Por suposto, queremos lembrar que os nomes de persoas e lugares neste caso son de fantasía para respetar a mortos e vivos… que ben o merecen.