(OUTRO EXEMPLO DE FONTES, AUGA E FRANCESES)

Dentro do proxecto “A memoria das aldeas” do Concello de Allariz recollemos varias historias que condensamos en pezas breves.

Nesta ocasión, Aurora relátanos da historia que lle contaba a súa nai sobre a Fonte do Demo.

Segundo a tradición oral os feitos aconteceron durante a guerra da independencia (1808-1814). Na fonte agochouse un francés que quedou descolgado do resto das tropas. Ás noites saía a roubar pola contorna o que precisaba chegando a meterse nas aldeas á procura de comida. Os veciños, fartos,  xuntáronse para dar con el e… o resto da historia mellor que o escoitedes por boca dela. 

Grazas Aurora. Grazas por compartir tan xenerosamente connosco esta historia.OU