Dentro do proxecto “A memoria das aldeas” do Concello de Allariz recollimos varias historias que condensamos en pezas breves.

Nesta ocasión, Aurora cóntanos a historia que lle contaba a súa nai sobre a Fonte do Demo.

Según a tradición oral nela agochouse un francés que quedou descolgado dos seus compañeiros na guerra da independencia. Saía só de noite a roubar polas aldeas algo para comer ata que a xente se uniu para ilo buscar. Xuntáronse os veciños para dar con él e… o resto da historia millor que o escoitedes por boca dela.

Gracias Aurora. Gracias por compartir tan xenerosamente connosco esta historia.