As Airas en Xunqueira de Ambía

As veciñas de Xunqueira de Ambía levan anos recuperando as airas do concello como lugares de reunión e festa compartida. As asistentes, maioritariamente mulleres reúnense para cantar, bailar e traer ó presente lembranzas do pasado.

Raquel imparte clases a un dos grupos de mulleres e antes de baixar á aira ainda lle dan unha voltiña a unha das pezas que están preparando. Bea, pola sua parte, coordina outro dos grupos que tamén nos canta un pouco.

A festa continuará e no centro social de Pazos, con algo para petiscar e por suposto máis música. E rematará cando remate porque as foliadas en Galicia son así, todo é empezar.

Desexámoslle ás nosas amigas de Xunqueira que teñan foliadas por moitos anos máis e nos sigan invitando a participar delas.

Animámosvos a que vexades este e outros vídeos na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/@LembramePuntoGal 

Redacción:
Equipa de Lembrame.gal

Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco