Cicatrices do progreso

Xa chegou a luz eléctrica a Galicia

Que ben, que sorte, xa está aquí.

Esqueceivos dos candiles, das velas, do carburo…

Esqueceivos de algunhas das terras máis fértiles, dos vales máis fermosos…

Esqueceivos dalguns pobos a menos que vos convirtades en peixes e decidades vivir baixo as augas…

Esqueceivos dos beneficios que, esos si, irán para empresas de fóra da nosa terra…

Esqueceivos de todo e dádelle a benvida á luz eléctrica, ao progreso, aos adiantos. Non sexades animáis…

Esquecedevos tamén da vosa lingua que é cousa de bárbaros. Abrazade a lingua da cultura, da xente lista e emprendedora…

A forza de tanto esquecer esquecéronse de nós e nós mesmos esquecímonos de nós e nós somos nós e os outros son os outros que non miran para nós…

Pero chegou a luz eléctrica, chegou o progreso e non sei si sería por iso pero foise a verba antiga dos maiores, foise a xente ás cidades, foise a vida das aldeas.