O Concello de San Xoán de Río está situado ao sureste de Galicia e enclavado nalgunhas das montañas máis fermosas da península.

Cunha superficie de casi 62 kilómetros cadrados e 59 núcleos de poboación atópase co grave problema da despoboación do rural en Galicia. En dousmil vintecinco conta únicamente con 500 veciños aproximadamente i é un obxectivo prioritario da corporación municipal conseguila repoboación do mesmo.

Para este obxecto estanse a tocar tódalas portas posibles, estase a unir tódalas forzas que podan impulsala chegada de xente xóven a Río.

No ano dousmil vintecinco, Eugenio Monesma, o grande documentalista de Huesca coñecido polas súas películas documentáis etnográficas e tamén polos seus programas de cociña e fogóns tradicionáis visitou San Xoán de Río para coñecela zoa e tamén para gravar varias recetas con mulleres do Concello.

Ésta reportaxe pretende ofrecer unha visión desta visita e tamén dos métodos de traballo de Monesma nas suas visitas e recollidas.

O noso agradecimento inmenso por estos días que compartiu connosco e por todas as indicacións e explicacións que nos ofreceu.

En Ourense participou no Foro “La Región” no que impartiu unha conferencia sobre a súa extensa historia como documentalista recuperando traballos e tradicións xa perdidas ou a punto de perderse.

O seguinte día visitou San Xoán de Río, un pequeno concello de cincocentos habitantes na montaña Galega onde percorreu acompañado polo antropólogo Miguel Losada,, por técnicos do Concello e tamén pola equipa de lémbrame punto gal parte do territorio.

Un dos intereses de Eugenio Monesma son as pedras máxicas e rituáis e, por ese motivo, visitamos Mouruás, o lugar onde apareceu a histórica espada do mesmo nome.

Visitamos tamén Ponte Navea. Unha ponte medieval e romana nos seus orixes que comunica San Xoán de Río e a Pobra de Trives e pola que pasou no seu momento a Via Nova romana que transcurría entre Braga, en Portugal, e Astorga.

Según avanzamos no noso camiño, e cando xa pensamos que sería imposible sorprender a Eugenio polo moito que ten visto e vivido, atopámonos cun magnífico lagar en moi bo estado de conservación. Eugenio fainos observacións sobre a súa historia, posible antigüidade e forma de uso. Tamén nos insiste vivamente en que pidamos aos concellos da zona que o conserven e protexan como patrimonio histórico que é.

Pena Folenche é unha aldea da Pobra de Trives que toma o seu nome dunha gran peneda dende a que se domina todo o entorno e que necesariamente está cargada de historias, lendas e supersticións.

En Ponte Navea visitamos os sequeiros. Unhas construccións tradicionáis adicadas ao secado da castaña para asegurala súa conservación.

O método consistía en poñelas castañas na parte superior dos sequeiros, nun piso de táboas de madeira que deixaban unhas rendixas entre elas para que circulase o aire e subise o fumo do lume que se facía debaixo.

Este proceso cumplía dúas finalidades: Elimiñaba parte da humidade do froito e tamén mataba os posibles vermes que poidese ter.

O gran número de sequeiros existentes na zona fálanos da importancia que debeu ter este cultivo no pasado.

As mamoas, existentes en grande número na zona, son túmulos funerarios construídos con terra e grandes rochas situadas de xeito circular ou elíptica e elevadas sobre o terreo circundante. 

Dende os outeiros da zona divísase tamén o impresionante sinclinal ou pregamento do Sil. Unha enruga da terra producida fai uns trescentos millóns de anos e que pon de manifesto a potencia dos movimentos xeolóxicos no pasado.

O domingo ben cedo, Eugenio Monesma reúnese coas mulleres de San Xoán de Río para preparala gravación do seu programa “Fogones Tradicionales” que leva anos presentando nunha das plataformas dixitáis de televisión.

O espíritu do programa é que todo sexa elaborado de xeito tradicional no lume de leña como antigamente. 

O seu método de traballo, perfeccionado coa experiencia, fai que non quede nada ao azar.

Dese xeito, as cociñeiras poden sentirse cómodas namentas elaboran os pratos.

Foron varios os platos elaborados nunha longa xornada de traballo. 

Calddo galego, merluza, costela e tamén sobremesas, como unhas riquísimas filloas. Cada un, feito como se fixo sempre na casa da cociñeira; sen artificios, con ingredientes naturáis, co tempo necesario e moito amor.

Durante a gravación sempre hai algún pequeno problema. Un despiste, algo que cae ao chan e incluso algunha persoa que aparece en cámara cando non debería e obriga a repetila toma.

E, finalmente, chega o momento de xantar todas xuntas os ricos pratos elaborados.

Agardamos que vos gustara tanto coma nós.

Animámosvos a que vexades este e outros vídeos na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/@LembramePuntoGal 

Redacción:
Equipa de Lembrame.gal

Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco