En 2019 o CIM de San Xoán de Río pediunos que fixeramos unha peza documental na que se visualizase o cambio na vida das mulleres co paso dos anos. Tivemos a sorte de coñecer a estas marabillosas veciñas que compartiron connosco cómo era o seu tempo.

E, como contrapunto, a visión dunha moza que pon de manifesto as diferencias non só da vide de antes coa de agora senon tamén do rural coa cidade.

Un luxo poder contar co seu testimonio.

Mil veces agradecidos. Mil veces en débeda con todas elas e con quen coordinou o proxecto.