Son moitas as pedras milagrosas que temos en Galicia e nas que se cura o Tangaraño, ou Arangaño.
Temos unhas ben grandes e fermosas no Briñal, perto do río Arnoia. En Outeiro contáronnos cómo se facía o proceso da curación do Tangaraño duas mulleres que cumpliran co ritual.
O proceso sempre consistía en pasar ao rapaz encrequenado por un oco estreito entre unhas pedras, por un carballo fendido, por baixo do altar dunha capela.
O mesmo ritual con moi poucas diferencias atopámolo en San Bieito de Cova de Lobo, en Barbadás.
Que marabilla poder contar co seu testimonio en primeira persoa. Mil gracias.
Este tipo de curacións están extendidos por toda a península, non só en Galicia e teñen diferentes manifestacións según a zona.
D. Pascual Plano cóntanos en primeira persona como foi o proceso de recuperación do rito en Lobera de Onsella, proceso que quedou plasmado neste documental de Eugenio Monesma.
Na serie documental Raices, de RTVE atopamos tamén un capítulo adicado aos nenos no que podemos ver unha recreación do proceso, neste caso en Galicia.
Enlace ao video