Cada 18 de Xullo na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, concello de Allariz, celébrase a festa e procesión en honor á Santa que recollimos nesta peza.
Neste día recórdase a unha moza que con 15 anos foi martirizada por mor de non querer renunciar á súa relixión católica. Dun xeito moi resumido, a tortura consistiu en introducila nun forno para queimala. A orde viña dada por un suposto xerifalte romano, un tal Olibrio, que tiña antollo dela. Como o corpo non ardía ordenou decapitala, a súa testa deu tres botes e con cada un deles aparecía unha fonte na contorna, de aquí ven o nome de Augas Santas.
Queremos agradecer especialmente a D. Eduardo, párroco do santuario e máis a D. Arturo, director do coro entre outras responsabilidades, a boa acollida e as facilidades que nos deron para facela gravación.
Quédanos pendente visitar de novo Santa Mariña na festa da Ascensión, e gravar a marabillosa procesión que vai ata a Basílica da Asunción en Armeá.
Se Deus quere alí estaremos para completala información.
Animámosvos a que vexades este e outros vídeos na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/@LembramePuntoGal
Redacción:
Equipa de Lembrame.gal
Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco