O pobo de Niñodaguia, en Xunqueira de Espadañedo celebrou en Abril de 2025 a súa V Fornada Tradicional na que se recrean os traballos necesarios para rematalas pezas feitas polos cacharreiros.

Veremos como as Apañadeiras, mulleres que traballaban para a casa ou ben para fóra a cambio dun pequeno salario, carraban as pezas de cerámica ata os fornos.

O proceso rematará ao día seguinte coa recollida das pezas unha vez frías.

As tradicións siguen vivas en Galicia. A historia e o rico patrimonio galego faise presente cada vez que temos a sorte de compartir un ratiño cunha persoa maior.

Moitas gracias a todas e todos por adicarnos parte do voso tempo. Especialmente a Mónica, responsable do museo, a Agustín, José María e Estrella.

Aceptamos encantados a invitación para visitarvos de novo no verán e coñecelos talleres tradicionáis nos que algún de vós ainda sigue facendo maxia coas mans e o barro.

 

Animámosvos a que vexades este e outros vídeos na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/@LembramePuntoGal 

Redacción:
Equipa de Lembrame.gal

Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco