Esta Semana Santa, xunto cun grupo de amigos tivemos a sorte de visitar de novo o Mosteiro de Santo Estebo de Ribas de Sil.
Nesta ocasión foi nunha visita guiada con Vania López, directora técnica do Centro de Restauración San Martín, do Obispado de Ourense que non só nos explicou a historia e particularidades da construcción senon que tamén nos falou dos traballos de restauración dirixidos por ela e do seu resultado.
As fotos non fan unha idea das sensacións vividas na visita pero desexamos que vos sirvan para facervos unha idea do que vos espera nas vosas visitas.
Tedes máis información do Mosteiro no seguinte enlace:
https://turismo.ribeirasacra.org/monasterio-santo-estevo-de-ribas-de-sil
E tamén sobre o Parador de Turismo aqui:
http://www.parador.es/es/paradores/parador-de-santo-estevo