A memoria das aldeas

O proxecto “A memoria das aldeas”, do Concello de Allariz, dinamizou a participación das asociacións veciñáis en Galicia Nomeada. Os veciños das aldeas acudiron á convocatoria resultando un éxito de participación, éxito que tivo como resultado a achega de máis de mil topónimos a este gran proxecto.

A xuntanza destas mulleres tamén deu outro tipo de achegas que, obviamente, fomos quen de recoller. O froito destas horas botadas con tan boa xente levou ata historias como a de A fonte do Demo, O encanto de Torneiros e O tangaraño, que, pola súa entidade, foron publicadas de xeito independente.

Desta volta tamén remataremos como noutras tantas entradas, agradecéndolles ás informantes a súa xenerosidade e a confianza por ter compartido connosco o seu tempo, a súa sabeduría mais as súas historias.

Que é Galicia Nomeada?

Un proxecto cultural colaborativo que precisa, agora máis ca nunca, do coñecemento e da paciencia que, por toda Galicia, poñen centos de persoas á nosa disposición para contribuír na salvagarda dun patrimonio colectivo único no mundo. Ninguén coñece mellor os nomes dun territorio cás persoas que o habitan e que transmitiron durante varias xeracións, co seu uso, un ben cultural tan valioso.

Por iso, a mellor maneira de preservarmos este patrimonio toponímico é facer que os nomes de lugar continúen vivos difundíndoos a través de internet para todo o mundo. Deste xeito, os topónimos seguirán cumprindo a súa función denominativa para a que foron creados, pero acadarán novos usos grazas.