En Torneiros, parroquia do Concello de Allariz, non falta de nada. Hai santo, capela, fonte milagrosa, unhas pedras que se moven co paso do tempo e que ameazan con vir por riba dun e, por tanto, sobre as aldeas sitas monte embaixo…

O Encanto de Torneiros é a historia da moza fermosísima que se converte en serpe segundo conveña e, como sempre, para meter en problemas ao mozo que dá con ela.

Tamén hai por alí un Tangaraño que será contado noutra ocasión.