En 2024 visitamos Niñodaguia para ver o X Encontro de Cacharreiros e coñecimos a José Álvarez Alonso, “O Buraco”, un dos ultimos falantes do Verbo dos Cabaqueiros quen nos fixo unha demostración desa lingua gremial e segreda dos fabricantes de tellas e ladrillos.

Éste singular xeito de falar ten termos como:

A galleira: O pobo onde un nace.
Cata: Persoa descoñecida.
Daorde: Compañeiros ou veciños.

E xa falando en galego é marabilloso o uso de “San Miguel das uvas” para denominalo mes de setembro.

Esta fala é unha das xirias tradicionáis de Galicia e o que se pretendía con ela era que as persoas pertencentes a un oficio pudesen comunicarse entre eles sen darlle pistas aos profanos de aquelo que estaban falando.

Podedes consultar un diccionario en liña que recolle léxico de varias delas no seguinte enlace:

Diccionario online de xirias

E, por suposto, coñecimos de primeira man o proceso de fabricación de cabacas e ladrillos de xeito manual, ao que O” Buraco” se adicou profesionalmente na súa mocidade e de modo divulgativo unha vez retirado queda perfectamente explicado neste video que vos amosamos a continuación.

Como sempre, queremos lembrarvos que nos axuda que vos suscribades á nosa canle de Youtube e activedes as notificacións para que vos chegue aviso con cada peza nova que publicamos.

Redacción:
Sergio Santos Otero

Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco

Revisión:
Xabier Álvarez