AS BONITAS DE SANDE: MÁSCARAS, SÁTIRA E RITUAIS DE RENOVACIÓN NO ENTROIDO GALEGO
En Galicia, o Entroido é moito máis que unha festa. É un ritual colectivo cargado de simbolismo, onde a máscara, a sátira e a inversión da orde social teñen un papel central. A tradición do Entroido de Sande (Cartelle, Ourense), alí onde as corredoiras se enredan entre soutos e regatos, medrou desde hai séculos o Entroido que é un exemplo singular deste fenómeno, con figuras únicas como As Bonitas, o Oso e os rituais finais da lectura dos Números e a Queima do Meco, os que asistimos neste 2025.
As investigacións etnográficas e os propios relatos localis apunta a que a figura das Bonitas de Sande xurdiu nos anos posteriores á guerra das Filipinas (1898), cando os veciños que regresaron daquela contaban que traían consigo mantóns de Manila, tecidos exósticos que serían a base do traxe distintivo das Bonitas.

Namentras se visten, Loli e Isolina amósannos o traxe de Bonita, a máscara e o sombreiro de plumas.
As polainas empregadas orixinalmente para protexer as pernas nos traballos do campo cumplen aqui unha función decorativa e levan incorporados uns axouxeres para darlle música ao entroido.
A saia, exemplo da arte para a reutilización dos Galegos está feita coa esquina do cobertor dunha cama e era frecuente que nas familias foran catro persoas coa mesma saia porque saíran unha de cada esquina.
AS AVUTARDAS: FOLIÓN, RUÍDO E ANUNCIO DA DESORDE FESTIVA
As Avutardas, ou botargas, son grupos de persoas disfrazadas -sen uniformidade de ningún tipo-, normalmente homes, que o domingo de Entroido percorren as rúas da aldea facendo barullo. Esta comitiva ou folión, é un desfile de percusión rural moi común en entroidos do sur de Galicia e norte de Zamora. Teñen unha función moi de seu, anunciar o Entroido como se fosen heraldos do desorde, avisando á veciñanza de que chega o tempo de romper as regras, inverter os roles e liberar tensións.
Como en todos os folións, é precisa a participación activa da veciñanza, creando cohesión social e continuidade cultural, sobre todo entre xeracións.
En Sande, as Avutardas desfilan o domingo, dous días antes do desfile principal das Bonitas (martes), e son as encargadas de abrir simbólicamente o ciclo festivo, anunciando que o Entroido comezou.
A eleción do nome pode ter que ver con que é unha ave grande, rara e de movemento pouco áxil vista con retranca: figuras toscas, con movementos bruscos, estridentes e cómicos.
Este folión das avutardas comparte elementos cos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, onde tamén se usa o ruído como forma de expresión ancestral.
AS AVUTARDAS: FOLIÓN, RUÍDO E ANUNCIO DA DESORDE FESTIVA
As Avutardas, ou botargas, son grupos de persoas disfrazadas -sen uniformidade de ningún tipo-, normalmente homes, que o domingo de Entroido percorren as rúas da aldea facendo barullo. Esta comitiva ou folión, é un desfile de percusión rural moi común en entroidos do sur de Galicia e norte de Zamora. Teñen unha función moi de seu, anunciar o Entroido como se fosen heraldos do desorde, avisando á veciñanza de que chega o tempo de romper as regras, inverter os roles e liberar tensións.
Como en todos os folións, é precisa a participación activa da veciñanza, creando cohesión social e continuidade cultural, sobre todo entre xeracións.
En Sande, as Avutardas desfilan o domingo, dous días antes do desfile principal das Bonitas (martes), e son as encargadas de abrir simbólicamente o ciclo festivo, anunciando que o Entroido comezou.
O termo normativo é “avetarda”. A forma “avutarda” é un localismo prduto dunha alteración vocálica. A otra forma, “botarga”, volve ser o resultado de varios fenómenos de alteracón vocálica e consonántica. En portugués o substantivo é “Abetarda”.
A eleción do nome pode ter que ver con que é unha ave grande, rara e de movemento pouco áxil vista con retranca: figuras toscas, con movementos bruscos, estridentes e cómicos.
Este folión das avutardas comparte elementos cos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, onde tamén se usa o ruído como forma de expresión ancestral.


AS BONITAS: A “BELEZA” COMO LINGUAXE SIMBÓLICA
As Bonitas son figuras que mesturan o fermoso e o estraño, o ornamentado e o grotesco. O traxe típico formase de:
- Camisa branca e pantalón branco.
- Saisa ou sobrefalda de cores (mantón de Manila)
- Polainas negras con cascabeis.
- Sombreiro grande con plumas naturais e cintas.
- Máscara de arame pintada e acorde á persona que a leva.
Estas personaxes saen á rúa con movementos e xestos que desconcertan a uns e fascinan a outros, ou as dúas cousas ó tempo. Segundo a visión antropolóxica, trátase dun “personaxe liminal”: non é home nin muller, non é veciño nin alleo, non é real nin ficción. É, como nas máscaras tradicionais doutros entroidos galegos (como os Peliqueiros de Laza ou os Cigarróns de Verín), un ser que rompe coa orde habitual para abrir unha fenda no tempo e na identidade.
Como vemos, hai elementos que se dan noutras partes da Galicia e do mundo, de tal xeito que no Carnaval de Venecia as máscaras permiten unha suspensión da identidade social, similar á das Bonitas.

O OSO: O SALVAXE CONTROLADO
A presenza do Oso no Entroido de Sande é especialmente significativa. Esta figura, con cara de latón e garras, totalmente cuberta con pelica, sae acompañada por un domador, simboliza o poder da natureza bruta, o instinto primitivo que debe ser domesticado. A súa aparición pode entenderse como un eco de antigos rituais europeos nos que o oso representaba a fin do inverno e a chegada da fertilidade.
Aquí podemos establecer unha conexión co Carnaval de Bielsa (Pireneos aragoneses), tamén aparece un oso como símbolo do salvaxe e o incontrolable. Tamén no Centro de Europa (Alemania, Suíza) hai festas ancestrais onde o oso é un personaxe recorrente ligado ao ciclo das estacións e aos ritos agrícolas.

A VACA: FORZA BRAVA E RISA COMPARTIDA
Trátase dunha estructura metálica cuberta de tea portada por un veciño que representa a unha vaca, simulando o corpo dun animal, co seu pescozo, cornos e cabeza.
O martes do entroido sae acompañada das avutardas, as bonitas, e tamén, ocasionalmente o oso.
A súa función é correr detrás do público, especialmente da rapazallada, facendo brincadeiras, carreiras ou facendo ruídos que provocan risas e algo de medo.
A vaca, de por sí, é un animal totémico rural, representa a forza, o ciclo da fertilidade, e tamén a importancia do gando na economía tradicional galega. Na cultura rural, o gando era vida, alimento e traballo.
No Entroido, a vaca actúa como un animal salvaxe, sen control, que racha coas normas e co comportamento “civilizado”, coma o Oso. Representa o caos festivo que despois será purgado co final do ciclo. Provoca risa, sorpresa e burla, xogando cos límites
Existen figuras semellantes nos entroidos doutros lugares de Galicia, onde tamén hai personificacións de animais.
Noutros contextos, como en festas de raíz celta ou europea (Carnavais alpinos), os animais representan forzas naturais que cómpre controlar ou reconciliar co mundo humano.
OS NÚMEROS: XUSTIZA SIMBÓLICA A TRAVÉS DA SÁTIRA

Un dos momentos máis orixinais do Entroido en Sande é a lectura dos Números, onde se narran feitos cotiáns e conflictos veciñais en clave de humor, ironía e crítica. Esta forma de “xustiza festiva” ou “xustiza simbólica” é común en moitas culturas e ten unha función catártica: permite falar dos conflitos comunitarios sen confrontación directa, rindo de nós mesmos para manter a cohesión do grupo.
Nesta onda encontramos as afamadas coplas do Carnaval de Cádiz, ou os “versots” das Fallas de Valencia, que tamén usan a sátira como forma de crítica social aceptada.
A QUEIMA DO MECO: MORTE RITUAL E RENACEMENTO

A festa remata coa Queima do Meco, unha figura simbólica feita con trapos e palla que representa todo o negativo acumulado durante o ano. A súa destrución polo lume é un acto de purificación, de despedida do Entroido e de apertura á primavera.
Aquí en Galicia temos máis exemplos de queimas, como a do Testamento do Burro (Viana do Bolo) ou o Entroido (Vilariño de Conso).
ENTROIDO, MÁSCARA E RITUAIS: UNHA LINGUAXE UNIVERSAL
A través das Bonitas de Sande e doutras figuras do Entroido galego, recoñecemos patróns comúns nas festas de todo o mundo: a máscara como ferramenta de transformación, o humor como linguaxe de verdade, e o lume como símbolo de renovación. O Entroido, entendido dende a antropoloxía, non é só unha celebración: é un mecanismo social para falar, rir, purgar, renovar e seguir adiante.
FONTES:
* Rafael Quintía Pereira (2024), “Descifrando o entroido: manual básico para entender o entroido galego”. Ab Origine Edicións.
* O Sil “As Bonitas, protagonistas do entroido de Sande (Cartelle)”
* La Región:
“Entroido 2020: “A orixe das Bonitas de Sande”
– “El Entroido vive en Sande, pese a la lluvia”
– “Unha despedida rebonita ao ritual que enche de vida Sande”
– “Elegancia y tradición en el pasacalles de Entroido por Sande”
* La Voz de Galicia: “Las bonitas, las avutardas, el oso y la vaca de Sande preparan su Entroido”
* Ourense-Natural: “Outros entroidos ourensáns”
* Faro de Vigo:
– “Entroido de Cartelle con las Bonitas de Sande, el oso, la vaca y ´sopa de pedra´”
– “Sande, un Entroido de Bonitas”
Producción:
Equipa de Lembrame.gal
Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco
Texto: Sergio Santos Otero
Agradecementos:
A toda a veciñanza de Sande pero, en especial:
Mónica Vázquez Lopo
Antonio Sousa e Antonio Cao
Ás compañeiras de Herdanza Intestada por cedernos parte do material.