A Fornada no Mato (Allariz)
A aldea do Mato atópase a pouca distancia de Allaríz, concello ao que pertence.
Hoxe ten poucos habitantes pero un día foi un núcleo moi poboado de xente dedicada maioritariamente á agricultura.
Como é habitual en Galicia, conta con varios edificios singulares e elementos de uso comunitario: A capela, o forno comunal, as airas, unha casa de construción contemporánea, en definitiva, todo o que se esperaría nunha aldea galega.
En 2018, os veciños propuxeronse recuperar o forno comunal do pobo.
O forno e o local estaban en moi malas condicións.
Co apoio do Concello, Epifanio iniciou a recuperación dos muros e cuberta do local, tarefa na que lle axudaron varios veciños.
Os traballos continuaron co forno, que co paso do tempo perdera parte do seu revestimento interior, aínda que a súa estrutura estaba intacta.
Cunha porta nova quedou listo para cocer pan e outros alimentos.
Cóntanos Epifanio que leva no pobo dende o ano 1974:
“Cando eu viñen aínda cocian, aquí e aínda se facía o pan estándo eu aquí.
Despois foi cándo empezou a vir o panadeiro por aquí, o ‘Artilleiro’, enton o forno acabouse.
Non sei a ciencia certa, pero entre 1975 e 1980, logo o forno este non coceu máis.
É aí quedou.
Fíxose unha reforma aquí, chovía, retellouse, deuse un pouco de barro aquí nas paredes, e así quedou, 40 anos aparcado.
O Concello decidiu axudarnos.
Chegou o día que eu, por sorte, cheguei á jubilación entón dixen, bueno, agora eu teño algo de tempo, podemolo facer.
Bueno, total, que decidimos arreglar.
Mandaron os canteiros, arreglouse esto, botamos o telhado e así quedou.
E puxouse a prueba e o forno funcionou.”
Tradicionalmente, os veciños turnábanse en ser os primeiros en acender o forno, xa que no primeiro acendido precisase unha cantidade de madeira moito maior e deste xeito equilibrabase o gasto entre todos.
“Chamo-me Virginia. Os veciños cocimos neste forno moito tempo, porque antes cocíase aquí no forno.
Os primeiros quince días, primeiro tiña que quentar o forno un e para outra vez outro.”
“Había que levar todo con regla.
A mí, o forno, para quentalo, había que saber quentalo, que estuvera no seu punto e non meterlle leña, meterlle leña… ou non lla meter.
O forno ten que ter o punto máis ou menos, sin pasar moitos minutos dunha cousa pa outra.
Para levedalo, ten que ter tamén o seu tempo, para cocelo, ten que ter o seu tempo, para que salga bo pan.Cocíase cada quince días e non tiña outra misión.”
O forno acéndese o día antes da fornada.
Tardará varias horas en acadala temperatura adecuada para a primeira cocción.
O final da tarde acéndese o lume con polas secas e posteriormente engadirase leña maior.
A mañá seguinte engadirase un pouco de leña para subir a temperatura, para despois regularla e poder cocer o pan a 90 grados.
Toña. Unha das veciñas que coce no forno comunal explícanos como o fai ela a día de hoxe.
Chámome Toña, fai 43 anos que vivo aquí, que estou casada aquí.
O pan sempre o fixen co meu cuñado, da panadería Tomás.
Ali facían o pan, e eu miraba como facían.Cando eran as festas, á veces había que facer pan, facíamoslo amasando ali. Aquí empecéi a facer na miña casa, comprei un forniño pequeno, de barro, e empecéi a facer ali.
Para preparalo collo a fariña, fago a masa madre, a fariña e a agua. Mételo todo nun tarriño, tápalo, e deixelo aí quefermente.
Pouco a pouco, cada día, hai que lle ir dando un pouquiño de comida, e despois chegas aquí, botas a fariña, fas o burato no medio e despois botas a masa madre. Ai que lle bota levadura tamén, que tamén se pode facer de levadura.
E pois vas amasando todo.
Que pasa? Que ca masa madre tarda máis que ca levadura.
A levadura se cuadra en dúas horas está, pero a masa madre tarda se cuadra 4 ou 5 horas.
Porque hai a veces que se ten que se facer o día antes, amasar o día antes, para poder facer o día seguinte.
E nada máis, amasas ben, deixalo levedar, cando está levedado, sacalo para fora, ponse aquí na arca esta, e empezas a facer os panciños.
Da masa cortanse porcións do peso adecuado, e con elas, vaiselle dando forma aos pans que se deixarán levedar cubertos cun pano antes de metelos no forno.
Éste proceso leva un bo tempo no que as nosas panadeiras e os veciños se xuntan dentro do forno. Uns axudan, outros non, os máis deles dan opinión e ninguén queda calado.
De novo Toña dirixe o proceso coa experiencia que dan anos de facelo.
Teremos que esperar a que os pans leveden e medren o necesario antes de metelos no forno.
Durante éste tempo repítense as bromas dos presentes que se arriman ao calor do forno a pesar de estar no verán.
Síguenos contando Toña:
Eu estiven traballando con o meu cuñado que ten a panadería.
Entón, cando eran as festas, que se acababa o pan, facíamolo a man, correndo.O meu filho era panadeiro alí e facía o pan.
Pero, bueno, eu fágoo diferente a el, el está máis práctico. Eu teño unha manera e el teña outra.É fácil, o pan faise rápido. O que pasa é que, claro, é laborioso.
A principio, iso de pegarse a masa ás máns, iso eu non…
Preguntámoslle como era o pan que se comía cando eles eran pequenos e xurden os recordos:
O pan que comía era da broa esa, que se metía nas cinzas. Ai, madre mía, e agora…
E agora se cho mandan comer non o comes.E o pan de millo tamén, claro.
Porque, claro, na casa da miña tía, porque eu crieime ca miña tía, e era o que facía co millo da casa, moíase…
Era moito máis bravo ese pan. Puff, bravísimo…E, despúis, a broa, metías así nas cinzas… Ai, madre mía…
A preparación da festa tamén é un traballo comunitario no que colaboran todos os veciños que poden…
Para recibir a todos os visitantes que acoden ao mato prepáranse varios lugares.
Cerca do forno dispóñense unhas mesas nas que os pequenos podan facer parte do proceso elaborando bolos preñados.
No campo da festa prepararánse mesas para recibir os manxares que se ofrecerán a todos os participantes.
Pouco a pouco, o povo vai se enchendo de xente.
Os maiores atopanse cos amigos que levan tempo sen ver e poñense ó día do que sucedeu dende o seu último encontro.
Mentre os veciños gozan da música e do ambiente da festa, o traballo continua.
As pezas xa levedadas introducense no forno.
Alberto vainas depositando na pá previamente cuberta de fariña para que non se pegue á masa.
Toña encárgase de introducílas no forno repartidas por toda a superficie e retira a pá cun rápido movimento a fin de despegálas.
No tempo que se cocen estes primeiros pans, proceso que levará uns 20 minutos, os máis pequenos tamén participan da festa.
Con masa e chourizo van preparando boliños que levarán enseguida ao forno.
E xa están cocidos os primeiros pans.
Hai que sacálos un por un do forno, limparlle a borralla, e preparálos para servílos na festa, e cómpre darse présa para que non enfríe o forno e podamos meter os boliños dos rapaces.