A memoria das aldeas
O proxecto “A memoria das aldeas” do Concello de Allariz dinamizou a participación das asociacións de veciñas en Galicia Nomeada, unha plataforma da Xunta de Galicia e da RAG na que se pode rexistrar de xeito colaborativo a toponimia e microtoponimia de Galicia.
Resultou ser un éxito de participación, chegando a introducir mais de mil topónimos.
Aproveitando a presencia das participantes recollimos varias historias interesantísimas como A Fonte do Demo, O Encanto de Torneiros e O Tangaraño que se incrustaron nesta peza ainda que teñen entidade suficiente para ser publicadas como pezas independentes.
Como sempre, todo este traballo é posible gracias á participación desinteresada e á xenerosidade das informantes.