|

Pisa da castaña en Froxán

Pisa da castaña en Froxán - Courel

En Folgoso do Courel, Lugo, atópase a aldea de Froxán, un fermoso conxunto de vivendas e edificios anexos de pedra teitados en lousa típicos da zona.

Nela, como noutras moitas das zonas montañosas de Galicia a castaña foi tradicionalmente un dos medios de sustento a principios do século pasado.
Unha castaña que se producía en abundancia e era conservada seca para comela durante todo o ano.

A asociación Fonte do Milagro leva dende 1.999 contribuindo ao desenvolvemento da vida local, intentando mellorar as condicions da vida do pobo en todolos seus aspectos e implicando a propia comunidade nesta tarefa.

Unha das actividades que da máis visibilidade ao pobo e que atrae máis participación de xente é a recreación histórica da Pisa da Castaña.

Esta Pisa é a culminación do proceso de recollida e secado das castañas no sequeiro para o seu consumo durante todo o ano.

Pola mañá ben cedo os veciños empezan coa preparación do xantar no que o prato estrela son as castañas cocidas acompañadas con chourizo, panceta e tarta de castaña.

Nas toldas das pulpeiras poderase comer tamén pulpo e churrasco e nos postos da feira adquirir todo tipo de produtos naturáis da zona.

 

No sequeiro do campo xa están preparando os elementos necesarios para a pisa.
Avivouse o lume, abriuse o sequeiro e, no camiño xa están preparando o tallo e máis os sacos nos que se fará a pisa.
A diferencia de outros lugares, no Courel a pisa faise entre duas persoas agarrando os sacos cheos de castañas polos dous extremos.

Na parte alta do sequeiro vanse enchendo os sacos nos que se pisará a castaña.A cantidade que se pon en cada saco ten que se a adecuada para que o traballo quede ben feito.

Na actualidade písase únicamente a modo de exhibición mais no pasado a cantidade de castaña a pisar era tal que convertía o que hoxe é unha tarefa festiva nun pesado pero necesario traballo.

De xeito ininterrumpido vanse baixando sacos con castañas para que os pisadores, con ritmo monótono e regular os golpeen contra o tallo.

A finalidade destos golpes é facer que rache a casca da castaña e se despegue a pel interior que protexe ao froito.

Os pisadores, bos coñecedores do seu traballo, saben que cando se pisan pouco logo quedarán moitas castañas dentro da casca que haberá que separar a man.

Pola contra, si se pisan demasiado quedarán moitas castañas rachadas, en trozos chamados picón con menos valor para o mercado e peor aspecto e conservación.

Existe un xeito especial de agarrar os sacos para facilitar o proceso da pisa.

Unha man, a de atrás, mantén os pregues que fan que a castaña se xunte no centro do saco.
A outra, a de adiante, é a que imprime a forza ao movimento.

A sincronía entre os dous pisadores ten que ser perfecta para que o golpe sobre o tallo sexa rotundo. Un son seco do golpe sobre a madeira é sinal de que se está facendo ben o traballo.

Outra das curiosas tradicións que se xuntan nesta festa é mollar con auga ou viño o coiro que recubre o tallo.

Rematado o traballo da mañá chega o momento de descansar e xantar.

Veciños e visitantes prepáranse para recollelo menú preparado pola organización e degustalo en compañía.
Logo chegará o tempo da sobremesa, das conversa e, como non: do baile e da festa.

en 2024 rexistramos o proceso da pisa da castaña tamén en Purdeus, Parada do Sil e elaboramos a reportaxe que podes ver neste enlace:

A Pisa da Castaña en Purdeus