En Melias, no concello do Pereiro de Aguiar, atopamos a igrexa de Santa María.
Nela venérase tamén a imaxe de San Bartolomé, santo que leva na man un coitelo como símbolo do seu martirio.
Cóntanos a tradición cristiá que o santo foi martirizado en Armenia por predicalo evanxeo e convertir a moita xente ao cristianismo. Ésto debeu gustarlle pouco aos governantes locáis e ordenaron poñelo preso e torturalo arrincándolle a pel. Esfolárono vivo, a modiño, e sin aforrarlle ningún tipo de sufrimento. Remataron por decapitalo, eso sí, probablemente porque aquel asunto xa estaba levando moito tempo e había que poñerse a mandar nos Armenios…
Visitámola igrexa neste outono quente de 2023 e atopamos a dúas veciñas que nos contan as virtudes milagrosas do santo e do seu coitelo.
Entón hai a historia ou rito ou tradición de curar ás persoas co coitelo…
Co coitelo do San Bartolomé.
Ás persoas que teñen chagas ou problemas de pel…
Ou problemas internos.
Entón non é só para problemas de pel, é para calquera cousa, non?
Para calquera cousa. Nós agora temos un problema ou unha enfermedade grave na familia sin que sexa de pel e rézaselle ao San Bartolomé. Porque sempre se lle rezou e temos esa costumbre. Non sabe? O conto é así.
E entón as persoas á parte de rezarlle levan o coitelo e co coitelo fan cruces…
Algunhas sí outras non. Hai xente que sí.
Eu non sei se fan cruces pero sei que o cuchillo levárono.
Outras si, por exemplo poden andar, veñen aquí á iglesia e fanlle o… (a nosa informante faise cruces dende o peito ata o ventre), esperan que se marche a xente…
Así polo San Bartolomé había unha que o collía ahí… Dixen “aínda ha tirar co santo…”
Entón o San Bartolomé ten un responso e, por ejemplo, cando eu era nena, que viñan aquelas tormentas que aquelo metía medo…Ai si, a miña nai tamén lle tiña medo e rezáballe.
Pois rezábaselle o responso ao San Bartolomé. Porque, vamos a ver, o Responso de San Bartolomé é:
Cuando Jesús al mundo bajó
en casa de Bartolomé posada pidió.
San Bartolomé Posada le dió.
Cuando Cristo se levantó y su bordón de plata tomó
dijo a Bartolomé que lo acompañó:
“Vuélvete a tu casa y a tu mesón
que te daré tal gracia y tal don
como no se lo dí a ningún varón.
Dondequiera que se hallara otras veces fuera nombrado
no caerá rayo ni centella ni el lobo hará daño
ni el ladrón romperá agujero.
No morirá mujer de parto ni un niño de espanto”
Un padrenuestro al glorioso santo.
Eso dise tres veces.
Nós cando trona rezámoslle. Xa non é a primeira vez que se desfai a tronada. Eu acórdome, de moi nena…Miña nai rezáballe a Santa Bárbara tamén.
Tamén. A miña nai a San Bartolomé nunca sin embargo a Santa Bárbara sí. E a miña avoa tamén.
Santa Barbara bendita… E tiña un cuadro miña nai. Tíñalle moito medo á tormenta.
Eu onte acordeime, estaba planchado e veu on trono grande e dixen “Vou facer como a miña nai”
E parei porque me acordei dela se non eu non lle teño medo… ata que mo poñan.
Mira, unha vez fomos unha amiga miña e eu aos Milagros, a pé. Era o mes de octubre e ao chegar a Maceda, Dios mio, así para un lado viña unha tormenta que aquelo… parecía que se ía fundir o mundo. Entonces a miña amiga e eu témoslle bastante medo á tormenta. Entonces díxome: “Que faremos Dios mio?”
E eu díxenlle “pois non te preocupes que vai pasar” e díxome ela “Ti crees?”
E díxenlle eu: “Si oh! Xa verás. Voulle rezar eu o responso a San Bartolomé e verás como non queda nin rastro de tormenta”
E receillo. Receille o responso e cando recei o responso díxome ela “Pero ya no truena” E díxenlle eu “Non”. Será a fé, será…Cadraríalle que se pasou.
E logo ti non te acordas cando quitaron ahí as andas na entrada da iglesia con dúas velas encendidas,ainda as estou vendo, e era unha rapaza que ao mellor non tiña mais de cinco ou seis anos, e unha tronada e unhas pedras e unha chuvia que aquelo metía medo e as velas non se apagaron? A min eso quedoume grabado no corazon. Por eso eu será que lle teño tanta devoción. Ou sexa que esas cousas… Nós témoslle moita fé. Eu, por ejemplo, téñolla. Moita. Muchísima.
Os que vivíchedes eso tedes a certeza, xa é máis que fé, e certeza. Saber que é así.
E que eu acórdome. Eu estouno vendo. Eu estou vendo as escaleiras, esa porta aberta… Non me pregunte o nome do cura que eso sí que non me acordo. Pero estábamos dentro porque fóra chovía que aquelo metía medo.
– Dixo o cura “Ponedlo fuera, ponedlo fuera” e a xente non quería. Puxérono fóra e ao San Bartolomé as velas non se lle apagaron.
O cura tiña a fé que ao mellor outros non tiñan. Tamén lle corresponde.
Dígolle que eso pasou. Acórdome perfectamente. Entón eu guíome por eso…
E cóntannos mais cousas estas amables señoras que non hai porque contar aqui.
Abonda dicir que a fé segue viva en Galicia, os santos seguen colaborando co Sergas, e as tradicións e as historias resístense a perderse.
Moitísimas grazas a toda a xente que se preocupa de facer memoria e de contar. Hai que contalo todo como sempre se fixo para que non se perda.r