En 2025 visitamos de novo A Xironda, en Cualedro, para presenciar na noite do Xoves Santo a procesión dos Faróis.
Os pobos galegos conservan, en xeral, ricas tradicións antigas que se perpetúan de xeración a xeración a pesar da despoboación do territorio.
Neste caso en concreto, aos poucos habitantes que residen de xeito habitual durante o ano, únenselle para as festas moitos que por circunstancias viven na cidades e que queren participar xunto coas súas familias do rito e da tradición.
Os católicos conmemoran na noite do Xoves Santo a última cea de Xesús e a institución do sacramento da eucaristía.
Na celebración participan todolos veciños e veciñas do pobo, novos e vellos, portando faróis confeccionados artesanalmente por eles.
Na parroquia de San Salvador de Vilamaior da Xironda reuniranse os fiéis para asistir á ceremonia relixiosa e á posterior procesión que percorrerá o pobo.
Os faróis facíanse tradicionalmente con varas de salgueiro e silveira pegados con masa de fariña e auga. Revestíanse de papéis de cores e iluminábanse con candeas que, por veces facían que arderan.
Na actualidade as candeas vense sustituidas por lámpadas eléctricas a batería e os papéis por teas de forro de vivas cores, mantendo as estructuras e os soportes os materiáis tradicionáis. Ademáis dos sinxelos faróis tradicionáis, na Xironda existen auténticos artistas na construcción de faróis monumentáis que deberán ser portados por duas ou catro persoas.
Outra das xoias de A Xironda é o seu magnífico Peto de Ánimas, un dos de máis mérito artístico de Galicia.
Lamentablemente e como moito patrimonio galego sufriu maltrato durante a súa historia perdendo a face da Virxe e vendo parte da súa base desgastada para afialas ferramentas agrícolas.
Unha vez que se inicia a procesión polas rúas do pobo podemos observar que entre os faróis elaborados pola veciñanza hai varios tipos.
Os máis sinxelos son individuáis, con formas piramidáis, de cubo ou de cilindro.
Un segundo tipo serían as composición de varios destos faróis singulares no mesmo soporte en número de dous ou tres.
A continuación, incrementando a complexidade, virían estructuras que agrupan varios faróis en varios pisos de altura, formando grandes conxuntos xeométricos de moita vistosidade.
Un último grupo sería o constituido polos faróis corpóreos, con formas non xeométricas e que representan varios elementos da paixón e morte de Xesús. Así, poderemos ver o cálice coa sagrada forma, a pomba representando a espíritu santo, unha grande cruz símbolo do martirio e un gran panel en branco coa impresión do rostro a semellanza da saba santa.
Entre cánticos relixiosos e con grande recollimento os fregueses levan a procesión arredor da capela da Xironda para voltar de novo á igrexa parroquial.
E xa estamos de volta na igrexa parroquial. Namentras a maioría dos participantes na procesión dos faróis se dispoñen a recollerse ás súas casas outros aínda permañecerán un rato no interior do templo facendo un rato de oración e ofrecendo candeas coas que conformaran unha forma de cruz.
Os faróis serán gardados ata o ano que ven no que voltarán a saír para darlle luz á noite do Xoves Santo na Xironda.
Queremos lembrarvos que temos tamén unhas entrevistas feitas en 2024, ano no que non se pudo facela procesión pola cantidade de choiva que caeu, pero no que tivemos a sorte de poder entrevistas a varias persoas da Xironda.
Deixámosvos o video:
Animámosvos a que vexades este e outros vídeos na nosa canle de youtube: https://www.youtube.com/@LembramePuntoGal
Redacción:
Equipa de Lembrame.gal
Videografía:
Carolina Fernández e Gusi Domarco