Recollemos e divulgamos historias que nos axudan a comprender o mundo no que vivimos.

Galicia

Vicente Risco
“Ti dis Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é coma se fose un mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo do norte para o sur, do leste para o oeste noutro tanto; poderala andar outra vez, mais non a has dar andado. E de cada vez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. “
Vicente Risco: Leria (ensaio)

Novidades

Colabora connosco

O máis difícil deste proxecto é contactar coa xente, especialmente coa xente maior, e que se anime a contarnos historias.

Por ese motivo queremos invitarte a que te poñas en contacto connosco si coñeces persoas ás que lles gustaría compartir algunha.

Podémolas recoller por escrito, con gravacións de audio ou, o mellor de todo, en video e facer unha pequena reportaxe como as que xa temos na web.

Nós encargámonos de todo o proceso si queres.

Podes escribirnos a lembrame@lembrame.gal ou ben usalo formulario de contacto da páxina.

Entre todos farémolo mellor e máis grande. Entre todos coñeceremos mellor Galicia.

A nosa canle de youtube

E onde recollemos as pezas audiovisuais que imos elaborando.

Podes acceder a ela pulsando no seguinte botón